Presentación do libro “Textículos dramáticos e posdramáticos”

Cartel

O día 14 de Novembro do 2014 “Avelaíña Teatro” participou na “Libraría PAZ” de Pontevedra na presentación do libro “Textículos dramáticos e posdramáticos” de Afonso Becerra de Becerreá.

Textículos

Antón Lamapereira, director da Revista Galega de Teatro, presentou o acto e realizou unha exposición tanto da vida coma da obra do autor do texto.

Avelaíña Teatro fixo unha representación de “9999”, un dos “textículos” do libro, a cargo de Juan Iglesias, no papel do banqueiro, e Rita Rivas que interpretou o da clienta. O texto representado forma parte do conxunto de “sketches” que integran a obra que Avelaíña Teatro ten agora en cartel: “…e dín que chove!”

Afonso Becerra disertou con amplitude e de xeito moi ameno sobre o contido do libro e do porqué deses “textículos”.

De seguido abreuse un turno de preguntas que deu lugar a un moi interesante debate teórico-crítico sobre diversos aspectos do teatro.

Ó rematar o acto, Afonso Becerra asinou exemplares do libro.

Textículos_1

textículos_2

textículos_3

Reseña publicada no Diario de Pontevedra:

.

.

.

..

.

.

.

.

.

.

.

.