A xustiza pola man

A xustiza pola man (Rosalía Castro)

1ª VOZ:

Aqués que tén fama de honrados na vila,
roubáronme tanta brancura que eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.

Nin pedra deixaron, en dond’eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos… ¡meus anxos!… que tanto eu quería,
¡morreron, morreron, ca fame que tiñan!

2ª VOZ:

Aqués que tén fama de honrados na vila

Nin pedra deixaron. Sen lar sen abrigo morei.
O raso coas lebres durmín
Meus fillos, meus anxo que tanto quería,
morreron morreron coa fame que tiñan.

I estonces, estonces cumpreuse a xustiza.
Eu neles e as leises na man que os ferira.

.

.

.

.

.

.

.

Advertisements

Angelus

Angelus

só:
Ángelus Domíni
nuntiávit Maríe

todas:
Et conchepit de Spiritu Sancto

só:
Ave María gratia plena Dominus tecum
benedicta tu in mulieribus
et beneditus fructus ventris tui Jesus

todas:
Santa María mater Dei
ora pro nobis peatoribus
nunc et in hora mortis nostrae
Amén.

.

.

.

.

.

A fouce esquecida

A fouce esquecida

Repousa abafante    no ceo e na terra.
Silencio de morte    na chouza labrega

Currales baleiros
pallozas desfeitas
o piorno sen millo
coas portas abertas.
Nin gando na corte
nin fume nas tellas
nin carro ni alpendre
nin xente na eira.

Das xentes do embargo    librad´a rapiña.
No chan unha fouce    quedou esquecida.

Mais triste que a noite
a alma na néboa,
pechados os beizos
ferido de pena.
Ardendo coa febre,
ó pé da cancela,
o pobre labrego,
doente tolea.

Oh, fouce bendita  xa sei o que queres,
xa sei o que queres,  que faga xustiza.

Muiñeira

(Pandeiro)

Jota das cortellas

Jota das cortellas 

Pra facer un bo caldo
Ten repolo o abade
É un repolo ben grande
No pucheiro entra todo
O repolo tallado
A castaña e mailo porco

Lalalalalá lalalalalá lalalalailala
lala lalalalala laalailala

Seica o santo do abade
Xa non entra na igrexa
Ten o corpo cobarde
E non levanta cabeza
Para que o corpo sande
mexillón vermello darlle

Lalalalalá lalalalalá lalalalailalala
lala lalalalala laalailala

.

.

.

.

Non solta o raposo

Non solta nunca o raposo

1ª Voz:

La la la …
Non solta nunca o raposo a galiña que pillou
La la la …
Hastra zugarlle o mel e todo non solta a flor o abellón
La la la …

2ª Voz:

Non solta non o raposo a galiña non
La la la …
Non solta non o abellón a flor non
La la la …
 

.

.

.

.

.

.