“Avelaíña teatro” participou na actividade denominada “CANTOS TABERNARIOS”, organizada polo Concello de Pontevedra co gallo de colaborar na recuperación do cantar popular nas tabernas da cidade.
Na segunda xornada, o 18 de agosto de 2012 e dentro do Programa de Festas da Virxe Peregrina, contamos coa colaboración do fantástico grupo de pandereteiras “ADONAIRARE”.
Para procurar a participación do público, “Avelaíña Teatro” repartiu folletos entre o público co repertorio que se cantou en cada xornada.
Repertorio para os Cantos tabernarios: