Circuíto teatro

Avelaíña Teatro foi un dos grupos aprobados pola FEGATEA  para organizar un circuíto de teatro segundo as bases do “CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO AMADOR 2018”

Cartel circuito Avelaiña

Cartaz do circuíto organizado por AVELAÍÑA TEATRO

As representacións tiveron lugar na S.C.D. MOURENTE de acordo coa seguinte distribución:

Data: 08 setembro 2018

Grupo: ATURUXO DE MELPOMENE

Obra: “Terapia de bar”

 

O aturuxo de Melpomene - Terapia de bar

“Comedia de terror, vicios e manías.”

O bar “Da costa” non está na costa. É un bar perdido no medio do monte, lonxe de calquera sitio, onde rara vez para ninguén e cando o fai, non volve nunca máis.
A propietaria do bar e os seus dous únicos clientes habituais, movidos polo aburrimento e tamén polo seu desequilibrio psíquico, deciden converterse en salvadores da humanidade e elaboran un plan para eliminar do mundo os vicios que segundo eles son os culpables de todos os males do ser humano: o xogo (Aínda que sexa a brisca), os avances tecnolóxicos (Aínda que só sexa unha chamada polo móbil) e a ambición desmesurada polo diñeiro (Aínda que o único síntoma sexa non deixar a propina axeitada.)
Cada cliente que teña a mala sorte de entrar no bar “Da costa” comprobará nas súas propias carnes as terribles terapias que lles aplicaran os “salvadores” para liberalos dos seus vicios: acupuntura con coitelos de matar porcos, hipnose a base de facerlle inxerir ó paciente varias caixas de pastillas para durmir, ou exorcismos con litros de licor café que introducen no “vicioso” para sacarlle o demo do corpo.
Cada terapia elimina efectivamente cada vicio, aínda que con pequenos danos colaterais: tamén pode eliminar ó paciente. TERAPIA de BAR non é “A matanza de Texas”, pero coidado, tampouco é “La casa de la Pradera”. Se se atreven, visiten o “Bar Da Costa”.”

_______________________________________

 

Data: 16/09/2018

Grupo: O TRASNO NOVO TEATRO

Obra: “En venda”

Todos os días estamos xogando dentro dunha espiral en continuo movemento e moitas veces non se sabe a onde podemos chegar ou qué decisións poderemos tomar. As nosas protagonistas móstrannos cómo nunca é tarde para cumprir os  soños e ilusións… facendo unha denuncia social en clave de humor. Ante a insensibilidade dos gobernos só queda a sensibilidade da boa xente… ¡Saiamos ó balcón e osixenemos os nosos pulmóns! ¡Quitemos os zapatos e disfrutemos dunha nova vida!

_______________________________________

 

Data: 22/09/2018

Grupo: TEATRINO

Obra: “Os carniceiros”

CARNICEIROS

Pode unha situación extrema converternos en monstros? Pode. Vaia se pode! Ou o monstro latexaba xa no noso interior agardando a que se lle abrise a porta? Ás veces chega con abrir tan só uns milímetros dun ventanuco de mala morte. Xa o teño confesado moitas veces: que levamos o demo dentro.

Algo moi semellante ó que lles acontece ós actores da obra teatral “Os carniceiros”, da compañía Teatrino, e que nas táboas teatrais amósannos unha traxicomedia ambientada nun campamento militar encabezado por un equipo médico que navega entre o horror e a tolemia.

Nun lugar calquera, durante unha guerra anónima, un grupo de cirurxiáns militares afronta a hercúlea tarefa de salvaren as vidas dos soldados feridos, pero a súa cordura perdeuse hai tempo e agora convertéronse en carniceiros. A chegada ao campamento dun derradeiro soldado enfróntaos co horror da realidade.

Segundo amamos, matamos. Segundo matamos, sentímonos inocentes nun mundo que, no fondo, non ten nada de inocente. Ou ten moi pouco. Algunhas veces é tan cruel que nos supera por completo. Menos mal que o mundo dese día, precisamente dese día, era puro teatro. Pero puro teatro con moito contido social que saíu da cabeza de José Vaquero, adaptando un texto de Antonio Morcillo.

_______________________________________

 

Data: 29/09/2018

Grupo: GARGALLADA

Obra: “FUGA”

Fuga_3

Fuga é unha deliciosa e trepidante comedia  de Jordi Galcerán. Conta a historia de Antón Pita, conselleiro de Industria e Enerxía, que acaba de dimitir por un escándalo de corrupción destapado polo xornalista polo que a súa muller decidiu deixalo. Cando está no seu chalé, a piques de suicidarse chama á porta Lorena, unha vendedora ambulante desesperada, que cambiará por completo a súa vida. As sucesivas chegadas ao chalé dunha prostituta, una asasino a soldo e o pai da Lorena, darán lugar a unha enleada trama cómica chea de reviravoltas, que vai rematar cun sorprendente final

.
.

O ciclo organizado por Avelaíña Teatro en Pontevedra Viva:

https://pontevedraviva.com/cultura/48578/avelaina-teatro-impulsa-mourente-nueva-edicion-ciclo-teatro-aficionado/

 

 

 

.
.

.

.

.

.

.

.

.

.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s