Curso interpretación

Avelíña Teatro tén previsto organizar os días 25 e 26 de xuño e 2 e 3 de xullo o curso de interpretación “PENSAR O CORPO, PENSAR O TEXTO” por Ermel Morales e Vanesa Sotelo.

Para ver o programa do Curso de Interpretación, premer en:

PROGRAMA CURSO INTERPRETACION “PENSAR O CORPO, PENSAR O TEXTO”

 

 

 

 

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

Presentación do libro “Textículos dramáticos e posdramáticos”

Cartel

O día 14 de Novembro do 2014 “Avelaíña Teatro” participou na “Libraría PAZ” de Pontevedra na presentación do libro “Textículos dramáticos e posdramáticos” de Afonso Becerra de Becerreá.

Textículos

Antón Lamapereira, director da Revista Galega de Teatro, presentou o acto e realizou unha exposición tanto da vida coma da obra do autor do texto.

Avelaíña Teatro fixo unha representación de “9999”, un dos “textículos” do libro, a cargo de Juan Iglesias, no papel do banqueiro, e Rita Rivas que interpretou o da clienta. O texto representado forma parte do conxunto de “sketches” que integran a obra que Avelaíña Teatro ten agora en cartel: “…e dín que chove!”

Afonso Becerra disertou con amplitude e de xeito moi ameno sobre o contido do libro e do porqué deses “textículos”.

De seguido abreuse un turno de preguntas que deu lugar a un moi interesante debate teórico-crítico sobre diversos aspectos do teatro.

Ó rematar o acto, Afonso Becerra asinou exemplares do libro.

Textículos_1

textículos_2

textículos_3

Reseña publicada no Diario de Pontevedra:

.

.

.

..

.

.

.

.

.

.

.

.

Teatro ESCOITADE

O sábado 14 de decembro e organizado por Avelaíña Teatro, como contrapartida a súa actuación en Valadares, o grupo de TEATRO ESCOITADE do Centro Veciñal e Cultural de Valadares, presentou no Teatro Principal de Pontevedra “A Fatídica Festa do Ano da Serpe” de Doro Piñeiro.

O Ano da Serpe

Para ampliar a información sobre a obra, premer na seguinte ligazón: A  Fatídica Festa do Ano da Serpe“.

.

.

.

.

.

.

“In memoriam” Manolo Guede

Manolo Guede

No paraninfo do IES Valle Inclán de Pontevedra,  celebrouse un emotivo homenaxe “in memoriam” de Manolo Guede.

Foi un acto entrañable, tanto  polo cariño e tenrura que mostraron as presentadoras Pilar Rodríguez e Patricia Puime, compañeiras de Manolo en Avelaíña Teatro, como polas persoas que tomaron a palabra para rememorar diversos momentos da vida de Manuel Guede.

Patri e Pilar presentando o acto in "memoriam" Manolo Guede

Relación de persoas que tomaron a palabra na homenaxe:

Xulio Leal, lendo un texto dos curmáns de Manuel.
Antón Fernández, compañeiro de estudos.
Manuel Rosales, compañeiro no IES Aquis Celenis de Caldas de Reis.
Leticia Folgar, ex-alumna.
Ornela Fernández, tenente-alcalde de Vilaboa.
María Álvarez, Aula Castelao.
Manuel Ayán, Avelaíña Teatro.
Pilar Freitas, directora do IES Valle Inclán.

Paraninfo Valle Inclán

O acto rematou cunha exposición de diapositivas e vídeos que reflexaron dunha maneira gráfica as diversas facetas da súa vida.

Dende aqui queremos expresar o noso sentir por non poder volver a estar con Manuel, pero non decíndolle adeus, senón despedíndonos dél coma na foto coa que se pechou o acto: “Ata sempre, Manuel”

ata sempre

A homenaxe a Manolo Guede tivo unha amplia repercusión na prensa, sobretodo na local como pode comprobarse premendo na liagazón:  Diario de Pontevedra

 Premendo na seguinte ligazón acédese á reportaxe que adicou a este acto o IES Valle Inclán

A continuación un pequeno recordo dalgunha das súas actuacións na obra “María Castaña”:

Facendo de Martiño (home de María Castaña)

Avelaiña Teatro Monforte Febreiro 2013  (22)

.

Na casa con María Castaña

.

con María Castaña_2

.

Diante do Sr Bispo

.

No papel de Mestre de obras

O mestre de obras

.

O mestre de obras_3

.

Co grupo “Avelaíña Teatro”

Cos compañeiros de Avelaíña

No verán do 2013 acariñando o nariz, o nariz de Bartolo, papel que ía interpretar na obra “… e dín que chove” ,  e que a morte xa non deixou nacer.

O nariz

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

Letras Galegas en Salamanca

Plaza Maior Salamanca

Avelaíña Teatro participou nas solemnidades que arredor do dezasete de maio vén celebrando o Centro Galego de Salamanca. Dous factores propiciaron que a asociación Avelaíña Teatro fose convidada ao evento: Que a cultura galega, este ano de Roberto Vidal Bolaño, xire arredor do teatro; e que algúns dos membros de Avelaíña Teatro tiveran sido socios do Centro Galego de Salamanca no seu tempo de estudantes naquela cidade.

Antón Lamapereira presentou a Revista Galega de Teatro, que el mesmo dirixe. Despois Manuel Ayán deu unha charla sobre o teatro de Roberto Vidal Bolaño e Avelaíña Teatro fixo unha lectura dramatizada de tres obras extractadas de RVB: Memoria de mortos e ausentes, Saxo Tenor e Rastros.

Presentación da revista galega de teatro

Nº 72 RTG

Nº 72 RTG

O día 29 de novembro “Avelaíña teatro” en colaboración con “Entre Bambalinas” e “Adonairare” presentou o  número 72 da revista galega de teatro. Foi na “Casa das Campás” de Pontevedra diante dun público exquisito.

No acto, conducido por Manuel Ayán, Antón Lamapereira  presentou a RGT,  e  Pilar Rodríguez, Xabier Fernández, Mercedes Moreno e Miguel Anxo Martín fixeron a lectura dramatizada de “Ritos de Sangue”, de Mª Xosé Queizán, drama anexado ao número 72 da RGT.

O grupo de pandereteir@s “ADONAIRARE”  ambientou o salón coas súas delicias musicais.

Ao cabo do acto, Mª Xosé Queizán asinou “Ritos de Sangue”

Presentación da RGT

Presentación da RGT

Lectura dramatizada

Lectura dramatizada

Grupo Adonairare

Grupo “ADONAIRARE”

Público

Público

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cantos Tabernarios

“Avelaíña teatro” participou na actividade denominada “CANTOS TABERNARIOS”, organizada polo Concello de Pontevedra co gallo de colaborar na recuperación do cantar popular nas tabernas da cidade.

Na segunda xornada, o 18 de agosto de 2012 e dentro do Programa de Festas da Virxe Peregrina, contamos coa colaboración do fantástico grupo de pandereteiras “ADONAIRARE”.

Para procurar a participación do público, “Avelaíña Teatro” repartiu folletos entre o público co repertorio que se cantou en cada xornada.

Repertorio  para os Cantos tabernarios:

  1. A roxiña do pelo
  2. Foliada de Rebordelo
  3. O galo
  4. Foliada do  Lérez
  5. Muiñeira de Oliveira
  6. Foliada de Portonovo
  7. Follas de limón
  8. Pasodobre de Laxoso
  9. Jota das Neves
  10. Muiñeira de Santo Amaro
  11. Cantar do arrieiro
  12. A vendima