Avelaíña teatro

 Presentación Avelaíña Teatro

Da amizade entre amantes das artes escénicas e da música coral e popular, xurdíu a asociación Avelaíña teatro.

Avelaíña é a bolboreta da noite e das tebras. Non se resigna á escuridade, e encandilada pola luz nada a torce do seu rumbo, mesmo se as consecuencias son fatais.  Avelaíña é o espírito dos devanceiros que retorna á lareira para recordar o principio e fundamento: de onde vimos e quen somos. Vivir así cara a autenticidade compartindo a nosa diferenza.

O teatro, como a avelaíña, vai polo camiño da luz, ou como o vagalume, é un verme de luz na beira dos camiños da noite.

Avelaíña teatro tenta aguixar a fogueira da cultura, abrir os ollos coa súa lucenza e espelir a conciencia social.

O teatro é un medio cultural axeitado porque emprega múltiples linguaxes e comunica coa persoa en todas as súas dimensións: sensual, racional, social, emocional … O espectador aplaude, ri, indígnase … vive.  O teatro recrea a vida coa finalidade de desenmascarar a existencia hipócrita e demandar os seus males. ¿Que é máis auténtico, a realidade finxida ou a ficción vivida? ¿O personaxe ou a persoa? ¿Quen finxe máis, o teatro ou a vida?

.

O Grove Sen borde

Grupo Avelaíña Teatro en María Castaña”


María Castaña 2021

María Castaña (Ano 2021)


E DÍN QUE CHOVE

Grupo Avelaíña Teatro en “… e dín que chove”


A LOLA jpg

Grupo Avelaíña Teatro  en “A LOLA” (Ano 2017)

IMG_6550-min

Grupo Avelaíña Teatro en “A LOLA” (Ano 2022)

Grupo Avelaíña Teatro en “A ópera de a patacón”

Grupo Avelaíña Teatro en “A LIORTA”

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.