Sinopse María Castaña

“Nos tempos de María Castaña, cando os paxaros falaban ….”

Mª Cataña presa¿Existiu realmente María Castaña? ¿É unha personificación fabulada? Falamos dunha figura á que os Señores da Historia lle negaron o relato, o tempo e a patria e desterrárona ao espazo borroso dos contos para durmir. A roda do esquecemento foi pousándolle por encima.

Só quedou unha pantasma extraviada no fondo das espenucas, na funquenlla das fraguizas e nos reconcos dos rochedos, desde onde a súa voz soa e resoa. O eco vén na brisa da noite e no murmurio das sombras, non con música de nana senón como un canto para recordar.

Ese borboriño coxegueiro busca unha imaxe e un lugar na historia que a sitúe no capítulo dos referentes, entre os vagalumes.

María Castaña, muller, galega, insubmisa. Motivos de abondo para sepultala na sima do inconsciente onírico. Motivos de abondo para reivindicala como unha fiestra de luz. Aquí presentamos unha hipótese verosímil do desencontro de María Castaña co bispo don Pedro López de Aguiar.

Na alta Idade Media a cidade de Lugo está na decadencia. O bispo proponse recuperala mediante a construción da catedral, conforme ao espírito anovador da época. A presión fiscal e a situación de crise económica, política e ideolóxica son factores que propician a rebeldía de María Castaña, vasala do bispo e matriarca da tribo dos guímaros. O recadador e os escoltas, mutilados, morren.

A sociedade servil estaba esgotada. Nacía a sociedade moderna.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

Advertisements