sinopse …e dín que chove…

“… e din que chove” é a segunda montaxe de “Avelaíña Teatro”. Nela vertébrase música, canción e danza, poseía e imaxe, relato e interpretación, nun espectáculo que tenta ser total.

e din que chove-Cangas

“…e din que chove!” aborda o tema do mundo actual con textos de Afonso Becerra, Manuel Ayán, Octavio Paz e Vanesa Sotelo. E presenta cadros sintomáticos de patoloxías graves que está a padecer a sociedade dirixida polo credo neoliberal, co poder financeiro ao temón. Tenta provocar a reflexión lúdica sobre a ansiedade coa que os valores se polarizan na monetarización da vida, as estratexias do furto legal, os contubernios para o pelotazo, a xestión politico-económica como xogo de bazas nos dedos de trileiros, a asimilación dos sindicatos, o drama da mocidade, a cidadanía paralizada polo temor, que se agacha na tristura e no lamento para non irritar o instinto asasino que circula polas arterias do sistema …

A perspectiva do cadaleito baleiro, que preside o escenario da vida e agarda paciente o seu momento, saca a luz o absurdo da amargura innecesaria na que se remexe a efémera existencia.

Os autores escribiron a obra, pero a idea … ésta, foi dun compañeiro que xa non está: Manolo Guede. A él adicámoslla

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

Advertisements