“In memoriam” Manolo Guede

Manolo Guede

No paraninfo do IES Valle Inclán de Pontevedra,  celebrouse un emotivo homenaxe “in memoriam” de Manolo Guede.

Foi un acto entrañable, tanto  polo cariño e tenrura que mostraron as presentadoras Pilar Rodríguez e Patricia Puime, compañeiras de Manolo en Avelaíña Teatro, como polas persoas que tomaron a palabra para rememorar diversos momentos da vida de Manuel Guede.

Patri e Pilar presentando o acto in "memoriam" Manolo Guede

Relación de persoas que tomaron a palabra na homenaxe:

Xulio Leal, lendo un texto dos curmáns de Manuel.
Antón Fernández, compañeiro de estudos.
Manuel Rosales, compañeiro no IES Aquis Celenis de Caldas de Reis.
Leticia Folgar, ex-alumna.
Ornela Fernández, tenente-alcalde de Vilaboa.
María Álvarez, Aula Castelao.
Manuel Ayán, Avelaíña Teatro.
Pilar Freitas, directora do IES Valle Inclán.

Paraninfo Valle Inclán

O acto rematou cunha exposición de diapositivas e vídeos que reflexaron dunha maneira gráfica as diversas facetas da súa vida.

Dende aqui queremos expresar o noso sentir por non poder volver a estar con Manuel, pero non decíndolle adeus, senón despedíndonos dél coma na foto coa que se pechou o acto: “Ata sempre, Manuel”

ata sempre

A homenaxe a Manolo Guede tivo unha amplia repercusión na prensa, sobretodo na local como pode comprobarse premendo na liagazón:  Diario de Pontevedra

 Premendo na seguinte ligazón acédese á reportaxe que adicou a este acto o IES Valle Inclán

A continuación un pequeno recordo dalgunha das súas actuacións na obra “María Castaña”:

Facendo de Martiño (home de María Castaña)

Avelaiña Teatro Monforte Febreiro 2013  (22)

.

Na casa con María Castaña

.

con María Castaña_2

.

Diante do Sr Bispo

.

No papel de Mestre de obras

O mestre de obras

.

O mestre de obras_3

.

Co grupo “Avelaíña Teatro”

Cos compañeiros de Avelaíña

No verán do 2013 acariñando o nariz, o nariz de Bartolo, papel que ía interpretar na obra “… e dín que chove” ,  e que a morte xa non deixou nacer.

O nariz

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.