Presentación nº 88 da revista galega de teatro

libreria-paz

O xoves 26 de Xaneiro do 2017 a libraría PAZ de Pontevedra foi o marco elixido para a presentación do número 88 da revista galega de teatro.

O acto foi presentado por Vanesa Sotelo, directora da revista, e por Manuel Xestoso, que fixeron unha exposición detallada dos contidos da revista, así coma do novo formato (erregueté),  xa que a estructura permanece sen modificacións.

rgt-88

Novo formato da revista galega de teatro “erregeté”

Compoñentes do grupo “Avelaiña Teatro” participaron na lectura do texto de RAÚL DANS: “As cancións que lles cantaban aos cativos”.  Esta obra foi premiada no XXIV Premio Sgae de Teatro JARDIEL PONCELA e está publicada nº 88 da Erregueté (RGT) .

Na lectura, dirixida por Paco Pernas, participaron ademais do director, Antón Lamapereira, Concha Díaz, Lucía Cota e Xabier Fernández.

This slideshow requires JavaScript.

O acto é unha mostra máis da colaboración entre “Avelaíña Teatro”, a RGT a Libraría PAZ de Pontevedra en pro da difusión da dramaturxia galega contemporánea. Denantes fora a presentación do libro Textículos dramáticos e posdramáticos de Afonso Becerra, tamén na Libraría PAZ, e Rito de sangue de María Xosé Queizán (Nesta ocasión o acto fora na Casa das Campás de Pontevedra)

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

Advertisements