María Castaña

María Castaña por Avelaíña Teatro (Foto: José Manuel Iglesias)

María Castaña por Avelaíña Teatro (Foto: José Manuel Iglesias)

.

María Castaña
Autor: Manuel Ayán
Director: Antón Lamapereira

.

Escea 1.  Na casa de María Castaña

Baixa Idade Media. Fame, guerra e peste. Tempo seco e frío. Crise económica e política (de autoridade). Os labradores cativos, obrigados pola necesidade, donan as súas propiedades aos foreiros e fanse criados. Os foreiros poñen en custión o contrato cos señores.

Coro.- (Abre a escea cantando A Xustiza pola man, letra de Rosalía; música de Mercedes Moreno)

María.- (Escriba centeo) Imos comer isto? … Gaspallos!… (Suspira)
Martiño.- (Entrando. Frega as mans e bufa de frío) Que tempo temos!
María.- Pela
Martiño.- Veño de Souto
María.- Volveu xear!
Martiño.- Branqueaba!
María.- Non deixa nada!
Martiño.- Croucos!
María.- Éche o que hai!
Martiño.- Comida de porcos!
María.- Habías ver o que comen por ahí!
Martiño.- O que poden!
(Pausa)
María.- Seica vén o andazo!
Martiño.- ¿Qué andazo?
María.- A peste negra!
Martiño.- Abonda coa fame!… Ben negra é!
María.- A can fraco…!
Martiño.- Só se morre dunha!
María.- Para a vida que levamos!.
Martiño.- Peor é a morte!
(Pausa)
María.- As rendas!
Martiño.- Están a pique de caer!
María.- Pois non hai!
Martiño.- O bispo non anda con caralladas!
… … … …

Para seguir lendo, premer na ligazón: Obra completa

.

.