Letras Galegas en Salamanca

Plaza Maior Salamanca

Avelaíña Teatro participou nas solemnidades que arredor do dezasete de maio vén celebrando o Centro Galego de Salamanca. Dous factores propiciaron que a asociación Avelaíña Teatro fose convidada ao evento: Que a cultura galega, este ano de Roberto Vidal Bolaño, xire arredor do teatro; e que algúns dos membros de Avelaíña Teatro tiveran sido socios do Centro Galego de Salamanca no seu tempo de estudantes naquela cidade.

Antón Lamapereira presentou a Revista Galega de Teatro, que el mesmo dirixe. Despois Manuel Ayán deu unha charla sobre o teatro de Roberto Vidal Bolaño e Avelaíña Teatro fixo unha lectura dramatizada de tres obras extractadas de RVB: Memoria de mortos e ausentes, Saxo Tenor e Rastros.

Advertisements