Sinopse

Voltaire e Rousseau comparten o ano de defunción 1778 e o descanso eterno no Panteón de París. Tamén comparten a grande crise coñecida como Ilustración na que caen as sociedades estamentais do antigo réxime e se levantan as modernas sociedades democráticas. Discrepan radicalmente sobre o modelo da sociedade que nace e mesmo sobre a facultade humana que lle ha servir de sofico. Voltaire é o portador da candea da razón: a Razón é a deusa partoxénica das novas sociedades burguesas.  Rousseau reclama ese honor para o Sentimento e acusa á razón dos grandes monstros que está a parir e a manter: o capitalismo, a escravitude, a alienación e do criminal que a fecunda: a propiedade primada, coito orixinal do que deveñen todos os males. Propón resetear toda a civilización e construír as novas sociedades en harmonía coa natureza e sobre unha nova xerarquía de valores sendo a igualdade, o goce, a beleza e o amor o máis prezado. A disputa é dura e rica en recursos dialécticos: con ironías finas, sarcasmos descarnados, falacias ad hominem e reducións ao absurdo. 

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

A LIORTA

Avelaíña Teatro ten preparada unha nova obra, “A LIORTA”, a que lle desexamos longa vida para que a poidan disfrutar tódolos aficcionados ó teatro.

.

O seguinte texto forma parte do díptico que se entregou ó público asistente a estrea de A LIORTA:

Imos presenciar unha escena doméstica entre dous polemistas natos, profundos e corrosivos. Acontece no s. XVIII, o Século das Luces, na apoteose da Ilustración. De contado xurdirá a contenda entre dúas maneiras de entender a vida, o pensamento, a cultura, a sociedade. Enfrontamento dialéctico entre dous filósofos, liados nunha pelexa a dentadas e na que a filosofía é a protagonista. Iso explica en boa medida que asistamos a un teatro no que predominará o uso da palabra, nun texto sempre vigoroso e exquisito. Ámbolos dous interpelantes son correlixionarios no empeño enciclopédico e na tarefa de sentar as bases da Revolución Francesa e das sociedades liberais que a partir dela xurdiron e en cuxos principios (democracia, constitución, división de poderes, liberdades e dereitos subxectivos, etc.) se asentan as nosas. Unha disputa entre dúas ideas que se son igualmente xenerosas, non son en modo algún menos diversas. Un aristócrata que quere mellorar o valioso conseguido, que cre na cultura, que se opón á irracionalidade, á superstición, á intolerancias e á tiranía, que lamenta a inexistencia da Providencia, contesta ás arremetidas dun rapaz airado de orixe plebea, dun axitador revolucionario, dun radical que quere partir de cero para reformar a sociedade, para volveres á boa natureza do salvaxe e desbotar a corrupción á que nos ten levado a sociedade, a cultura, as ciencias e as artes. Velaí a VOLTAIRE e a ROUSSEAU , contraditorios máis sempre brillantes, nun diálogo que reclama unha sostida atención para acompañalos nese ir debullando unha serie de temas plenamente actuais.

.

Instantáneas de algúns ensaios:

.

.

.

..

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.