Lourenzá

O 30 de novembro, xa a piques de rematar o ano, Avelaíña Teatro desprazouse a LOURENZÁ para participar no “III Certame de Teatro Concello de Lourenzá”

 

“A LOLA” foi a obra coa que Avelaíña Teatro participou neste III Certame, por ser seleccionada entre as 21 compañías que se presentaron, según a información do Concello (8 compañías da provincia de A Coruña, 8 de Lugo, 3 de Pontevedra e 2 de Ourense)

Suliñar que con esta posta en escena, “A LOLA” acadou a cifra de 45 representacións desde a súa estrea o 7 de abril do ano 2017.

Para ver as obras seleccionadas, premer no seguinte enlace:

http://www.concellodelourenza.gal/es/pagina/seleccionadas-las-ocho-obras-que-se-represe

 

Cartaz no que figuran as 8 obras seleccionadas

Lourenzá 02

Exteriores do Concello de Lourenzá

Lourenzá 03

O escenario

Lourenzá 04

Aspecto que presentaba a sala

Diversos momentos da actuación:

Lourenzá 06

Lourenzá 07

Lourenzá 08

 

Suliñar que o xurado do III Certame de Teatro Concello de Lourenzá elixeu a obra “A LOLA” xunto cos actores Xulio Leal e Miguel A. Martín para optar ós premios que se concederán o sábado 14 de decembro ás 20 horas na carpa situada no Campo dos Bolos.

A LOLA jpg

Nomeada ó premio “CONDE SANTO” á mellor representación

Xulio boa

Nomeado ó premio de “mellor actor”

Miguel A_3

Nomeado ó premio de “mellor actor de reparto”

 

Para ver a lista completa de nomeados, premer na seguinte ligazón:

Relación nomeados para os premios do III Certame de Teatro Concello de Lourenzá

______________________________________

O día 14 de decembro nunha carpa situada no Campo dos Bolos celebrouse a gala na que  o Xurado do III certame de Teatro Concello de Lourenzá deu a coñecer o nome das obras, actrices e actores gañadoras, sendo galardonado co Premio Lourenzo ó “mellor actor” Xulio Leal

Premio Lourenzo

Premio Lourenzo

Xulio co premio

O galardonado co premio LOURENZO ó mellor actor

Miguel na gala.jpg

 

Comentarios na prensa sobre o evento:

PontevedraViva

cronica3 – A mariña