Pontevedra – Teatro Principal

______________________________________________________

Obra:  “A ópera de a patacón”

Data: Xoves 24 de xaneiro do 2019

Lugar:  “Teatro Principal” (PONTEVEDRA)

Hora: Ás 20:30h.

______________________________________________________

foto cartaz pontevedra

Tal e como figuraba na axenda  de Avelaíña Teatro e mais no cartaz feito para a ocasión, o día 24 de Xaneiro do 2019 o grupo puxo en escena “A ópera de a patacón” no Teatro Principal de Pontevedra.

Foi a primeira actuación do grupo no ano 2019, e a pesar de levar xa oito representacións, tamén foi a primeira vez que se representou en Pontevedra, o que sempre tén un significado especial por saber que entre o público hai moita xente coñecida.

E foi un gran pracer para Avelaíña Teatro descubrir que entre o público atopábase Belén Quintáns, quen polas manifestacións feitas a un membro do grupo, pasou uns momentos agradables disfrutando do espectáculo.

“Moitas gracias… por esta hora e media que me regaláchedes… foi de verdade un pracer que non sei por que retrasei tanto… facede chegar a todos os meus parabéns… dechedesme moita envexa!!!!”

O grupo Avelaíña Teatro congratúlase e agradece estes parabéns.

pontevedra_01

O grupo momentos antes da actuación (Foto cedida por Miguel Vidal)

 

Seguimento na prensa:

a ópera en pontevedraviva

(Para ver a información completa premer en  PontevedraViva)

Reseñas no Diario de Pontevedra:

prensa 01

público 02

cuca gomez

 

Os seguintes vídeos (Cortesía de Paloma Saavedra) corresponden á  representación de “A ópera de a patacón” feita no Teatro Principal de Pontevedra o día 24 de xaneiro do 2019. (Debido a duración da obra, esta dividida en dúas partes)

 

 

 

 

 

 

.

.

.

.

.

..

 

.

.

.

.

.

.

.

.

.