Lourenzá

Avelaíña Teatro foi un dos grupos seleccionados para participar no II Certame de teatro “Concello de Lourenzá” 2018.

A obra elixida para ser representada no Certame, foi “María Castaña”, que levaba sin ser posta en escena desde primeiros de ano, concretamente desde o 28 de xaneiro en Matamá (VIGO).

A pesares do tempo transcurrido desde a anterior representación e das pequenas dimensións do escenario que dificultaban os movimentos, especialmente do RAP, o resultado foi moi satisfactorio a xuzgar polas manifestacións do público ó remate da actuación, destacando a actuación do coro.

Como anécdota indicar que o grupo desprazouse a Lourenzá en dous bloques separados: Por un lado Xabier, Amparo, Antón, Lucía, Pepi e Juan partiron desde Cangas e Pontevedra  (con parada en Teixeiro para comer) e por outro lado, Manolo, Rita, Miguel, Menchu, José Antonio e Xulio desprazáronse desde a Póboa do Brollón, a donde acudiran o día anterior a representar a obra “A LOLA” na Casa da Cultura “Olga Novo” dentro dos actos organizados polo Concello adicados a Memoria Histórica. (Comida no Pazo de Tovar)

 

001 Lourenzá

Cartel coa programación na fachada do Concello

02 Lourenzá

A praza do Conde Santo

03 Lourenzá

Outra vista da Praza do Conde Santo

10 Lourenzá

Por se alguén non sabía que o salón de actos estaba arriba… e vaia se estaba!

11 Lourenzá

12 Lourenzá

Salón de actos co escenario ó fondo

16 Lourenzá

Outra vista do salón de actos

14 Lourenzá

O mini-coro ensaiando

15 Lourenzá

Os actores no “camerino” nos momentos previos a actuación.

17 Lourenzá

19 Lourenzá

20 Lourenzá

22 Lourenzá

23 Lourenzá

Jóse repasando

_____________________________________________

O día 9 de decembro celebrouse a entrega de premios correspondendo a Avelaíña Teatro os seguintes:

Mellor posta en escena: AVELAÍÑA TEATRO

Mellor actor de reparto: XABIER FERNÁNDEZ VIZ

Mellor actriz de reparto: MENCHU GONZÁLEZ

 

IMG-20181210-WA0010

IMG-20181210-WA0009

IMG-20181210-WA0011

Entrega premios 1

Entrega premios 2

 

Para ver relación completa dos premios premer en II certamen de teatro Concello de Lourenzá

Para asistir a entrega de premios e recoller os correspondentes a Avelaíña desprazáronse a Lourenzá, Xabier, Miguel e Antón que ademais da alegría pola recollida de premios conseguidos, puideron disfrutar dun fermoso día facendo unha excursión polo Val de Lourenzá e coñecida como a “Ruta da faba”

IMG-20181209-WA0001

Degustando un “salpicón con faba verdina”

IMG-20181209-WA0002

Vista do Val de Lourenzá

IMG-20181209-WA0003

O Pazo-Fortaleza de Tovar

 

 

 

 

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.