Matamá 2018

O día 28 de Xaneiro do ano 2018, Avelaíña Teatro volveu a un escenario xa coñecido polo grupo, o escenario da S.C.D. Atlántida de Matamá, no que hai tempo representara a obra “… e dín que chove” (12/06/2016)

 

Programa Matamá

Cartel coa programación “Domingos de San Amaro”

O motivo desta segunda actuación en Matamá, foi a participación no Festival de Teatro “Domingos de San Amaro”. A obra elixida nesta ocasión foi “María Castaña”  que acadou con esta nova posta en escena a nada desdeñable cifra de 42 representacións desde a súa estrea o 5 de Xuño do ano 2012 en Raxó.

Queremos agradecer os membros da S.C.D. Atlántida de Matamá, e especialmente a Marisa o trato que nos dispensaron, que fixo que a estancia en Matamá fose moi agradable,  así coma ó público que tamén contribueu cos seus aplausos a que levemos desta actuación un moi bo recordo.

 

Miguel, o técnico de imaxe e son

 

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.