Cerdedo 2017

O Grupo Capitán Gosende organizou un serán en Cerdedo, no que ofreceu o espectáculo “A LOLA”, presentado polo grupo Avelaíña Teatro. O lugar do encontro foi o Bar-Restaurante “O meu Lar”.

Á celebración acudiron dos pobos de toda a redonda. O carácter emotivo e tráxico do espectáculo, cun relato tan fresco nas memorias, motivou que os espectadores, levados polos recordos vividos ou ouvidos, continuasen refrescando a memoria con outros relatos semellantes, que fixeron de A LOLA, unha escena máis da traxedia aínda acordada.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

 

 

 

Arcos de Valdevez

O 20 de Outubro do 2017, Avelaíña Teatro tivo a honra de ser convidada  ao 1º Encontro  de Teatro Luso-Galaico de Arcos de Valdevez, organizado polo Grupo de Teatro do Vez (GTV). O grupo foi recibido coa xenerosa amabilidade que caracteriza ao pobo luso. Exhibiu o espectáculo “A LOLA”, na sala da Casa das Artes, conforme ao programa. Os espectadores entraron no relato con emoción e foron xenerosos nos cumpridos.

Ambos grupos comprometéronse  a colaborar mutuamente e a propiciar máis encontros.

 

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.