Lourenzá

Avelaíña Teatro foi convidado á Lourenzá para representar “A LOLA”, como peche da programación dos actos de homenaxe a Francisco Ron Sánchez (1898-1974) un crego republicano de Vilanova de Lourenzá, que por esa súa condición foi procesado, castigado, humillado, etc. cando na contenda incivil do 1936 os fascista impuxeron a súa lei.

Un grupo de alumnos seus no Seminario da vila no remate dos sesenta e nicio dos setenta, enterados case por azar destas circunstancias tanto tempo mantidas no esquecemento, deciden facerlle unha homenaxe cunha serie de actos que tiveron lugar ó longo de todo o día 27 de maio.

O salón de actos do concello,  escenario no que tivo lugar a representación de “A LOLA”,  estaba cheo de exalumnos e vilegos que ponderaban ó final a fondura da obra, así como a súa oportunidade para rememorar e reflexionar sobre aqueles tempos que Francisco Ron tivo que soportar.

Emotivo e formoso día para Avelaíña Teatro nas terra do norte lucense perto do mar e do Masma.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.