I.E.S. S. Basanta Silva (Vilalba)

Foto Díptico

Exterior díptico

________________________________________________________

O venres 26 de maio do 2017 e dentro do “Programa MAIO 2017” o I.E.S. S. Basanta Silva de Vilalba convidou a “Avelaíña Teatro” a por en escena no salón de actos do Centro “A LOLA”. Unha das dúas representacións teatrais que o centro educativo planificou, entre mais de 20 actividades de amplo espectro: cine, obradoiros, concertos, saídas didácticas, exposicións, etc.

Os alumnos de Bacharelato e de 4º da E.S.O. asistiron con atención e interese á escenificación que “A LOLA” fai do terror franquista e das confrontacións entre valores da tradición patriarcal que encarnaban os golpistas e as ideas de progreso e liberdade que defendían os demócratas na longa noite de pedra que iniciou a incivil contenda e que perdurou varias décadas.

O acto rematou cun breve teatro-foro cos estudantes.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.