Muimenta

A representación número 40 de “María Castaña” non podía ser noutro lugar que non fora a provincia de Lugo… e así foi, nunha espléndida tarde/noite de outono en Muimenta.

Muimenta Miguel

Fantástico escenario para a actividade teatral: a Igrexa vella de Muimenta nun conxunto  armónico, acolledor e restaurado, que un grupo de bos e xenerosos viciños salvaron da infamia do aniquilamento, baixo a sabia iniciativa de Manolo Vila. Parabéns a todos.

Merece a pena visitar e deterse a contemplar cómo non sempre esvaece o sentido común e as ganas de facer algo pola comunidade e a salvación do patrimonio.

O aforo completo. E no medio do público un home de teatro, un abandeirado da cultura galega e da nosa língua, sempre a carón dos humildes, amante da verdade, un dos nosos. Por ter, ata ten fe…: fe encarnada e profundamente comprometida. Chámase Xosé Manuel Carballo Ferreiro, cura de Castro de Rei e outras, e nado en Goberno. A Chaira e Galiza serían outras sen el. Ledicia grande sentilo alí.

“Avelaiña Teatro” agradece os seus desvelos á Asociación Cultural Aquilino Iglesias Alvariño así como aos mantedores dos xogos tradicionais (XOTRAMU), por estar de continuo pendentes para facer agradable a nosa estancia: Manolo Vila, Alvariño, Lombardero, Pepe

A seguinte colección de fotos recolle algúnhas instantáneas do que ocorre detrás do escenario, momentos antes de sair á escena.

.

 

.

.

.

.

.

..

.

.

.

.

.

.

..

.

.

.

.

.

.

.