A Lama 2016

Despois das experiencias anteriores, 5 de decembro do 2013 con “María Castaña”,  20 de xaneiro do 2015  con “… e dín que chove”,  mais un aprazamento o 18 de decembro do 2015, o grupo Avelaíña Teatro volveu ó “Centro penitenciario A LAMA” para representar por segunda vez  “María Castaña”.

Como nas veces anteriores, a experiencia foi do mais gratificante. En todo momento as risas e os aplausos dos internos transmitían a sensación de estar disfrutando do espectáculo, o que en certo modo se contaxia, e fai que os actores tamén vivan a representación dunha maneira especial, arroupados por ese calor que transmite o público.

Queremos dar as gracias ós internos que nos axudaron a cargar e descargar o material, así como a montar e desmontar o escenario, a súa diposición a colaborar en todo o que se lles pedía.

Así mesmo tamén queremos mostrar o noso agradecemento ós representantes do centro penitenciario D. Alberto Olbes  e D. Alfredo Arias, que en todo momento estiveron pendentes de nós  dándonos todo tipo de facilidades.

.

01

As “chicas” do coro “posando”, antes de sair ó escenario

02

Agasallo feito polos internos para os membros de Avelaíña Teatro

06

Algunhas avelaiñénses presumindo do agasallo

04

Xa no remate e recollendo os apeiros de traballo

05

A despedida

.

.

.

.

.

.

.

.

.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s