Ponte Caldelas_2

Unha semana despois de representar “María Castaña” no  C.P. Cordo Boullosa de Ponte Caldelas, Avelaíña Teatro volveu o 23 de setembro ó mesmo escenario, esta vez para representar a outra obra que ten en cartel “… e dín que chove”.

Se ben “Avelaíña Teatro” xa puxo en escena esas dúas obras en diversos lugares, ata o de agora nunca se dera a circunstancia de actuar dúas semanas seguidas no mesmo escenario. Este feito supuxo unha vantaxe en canto a “intendencia”… non houbo que andar montando e desmontando o escenario para cada actuación, pero non nos aclarou cal das dúas obras é a preferido polo público, pois ante a pregunta de cal lles gustara mais, a resposta mayoritaria foi que “son dúas obras moi distintas” e non se decantaban claramente por ningunha delas.

Por outra parte, esta posta en escena de “… e dín que chove” supuxo certas novidades con respecto a representacións anteriores.

Por un lado o debut da nova intérprete musical, Rita Valiño, que sustitueu nesa faceta a Leti, e que alternando o piano coa flauta, non deixou a ninguén indiferente coas súas interpretacións.

Outra novidade foi tamén outro debut, o de Paco Pernas interpretendo o papel de “home cortante 2” na escena de “Eurívoros”, tamén en sustitución de Leti.

E para rematar o último debut, o de Conchi no papel de “La niña de Rajoy”, que ata o de agora era interpretado tamén pola polifacética Leti, a quen botamos de menos.

A continuación algunhas instantáneas da representación de “… e dín que chove”

 

 

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s