Ponte Caldelas

Hai mais de catro anos, o 5 de xuño do 2012, que Avelaíña Teatro estrenou no “Centro Cultural Xaime Illa” de Raxó a súa ópera prima  “María Castaña”. A pesares do tempo transcurrido, a obra aínda segue estando vixente e, proba delo é o feito de que se segue representando.

Nesta ocasión a posta en escena foi o 16 de setembro do 2016 no “C.P. Cordo Boullosa” de Ponte Caldelas. Esta actuación, veu a significar a representación número 38 da devandita obra.

08

Queremos destacar a gran afluencia de público, que superou tódalas as nosas espectativas, tendo en conta que a hora da representación, as 21:30h, facía pensar que podía restar asistencia, o que dí moito dos organizadores, ós que queremos mostrarlles o noso agradecemento polo traballo feito e polo trato que nos dispensaron.

Queda como anécdota desta representación, que foi a primeira vez que no medio da actuación marchou a luz, pero que co saber facer do Sr. Bispo e do Deán que neses momentos estaban en escena, a función continuou con total normalidade unha vez reparada a avaría.

01

Vista xeral da sala co escenario

02

Preparando o escenario para a actuación

04

O ténico de son no seu posto de traballo

03

A silla do Sr. Bispo co báculo

05

Os gaspallos que ten para comer María Castaña e mailos seus

A continuación un mosaico con fotos feitas por Miguel Martín, que recollen diversos momentos da actuación. (Para ampliar, premer en calquera das fotos)

“Recuperando forzas” despois da representación:

22

23

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

Advertisements