Matamá

O día 12 de xuño de 2016 tivemos unha nova representación de “…e dín que chove” por Avelaíña Teatro. Esta vez foi no teatro que a S.C.D. Atlántida de Matamá tén na Rúa dos Canteiros, nº 57 en MATAMÁ.

Matamá_08

Matamá_05

Vista exterior da S.C.D. Atlántida de Matamá

Debería supoñer a representación nº 13 de “… e dín que chove”, de non ser polo aprazamento da que estaba prevista levar a cabo no C.P. da Lama.

Esta actuación resultou unha experiencia moi grata en tódolos aspectos: En primeiro lugar o escenario da representación. Un teatro moi acolledor, cun tamaño apropiado, moi agradable e cunha moi boa audición que facía que os actores sentiran como mais cerca o calor do público.

En segundo lugar pola numerosa asistencia de público, que sigueu a obra con interese a xuzgar polos aplausos durante a representación, pero especialmente ó rematar a actuación.

Non queremos deixar de mostrar o noso agradecemento a xunta directiva da S.C.D. Atlántida de Matamá, pola amabilidade con que nos trataron os seus representantes, que en todo momento estiveron  pendentes de nós, dándo todo tipo de facilidades e ofrecéndose para solucionar calquer atranco.

Tamén queremos agradecerlle o detalle que tiveron cun agasallo como recordo do paso de Avelaíña Teatro pola S.C.D. Atlántida de Matamá, así como polo “pincho” con que nos obsequiaron o rematar a función.

A continuación unha pequena mostra de fotos da estancia en Matamá (Para ampliar, facer “clic” sobre a foto)

.

.

.

.

.

.

.

.

.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s