Bueu 2016

Case dous anos despois daquel 7 de Xuño do 2014, en que Avelaíña Teatro representara no Centro Social do Mar de Bueu a súa primeira montaxe “María Castaña”, o grupo volveu de novo ó mesmo escenario,  para representar nesta ocasión a obra “.. e dín que chove!”.

Se a representación de “María Castaña” supuxo o debut de José Antonio no papel de mestre de obras, nesta ocasión tamén houbo outro “debut”, o de Paco Pernas interpretando o papel do mudo.

Tamén podemos considerar como un “debut”, a estrea do novo cartel para a publicidade de “…e dín que chove!” realizado por Juan Almeida.

Cartel Bueu 2016

Novo cartel de “… e dín que chove!”

.

.

.

.

.

.

.

.

.