Vilalba 2015

O espectacular auditorio municipal Carmen Estévez de Vilalba acolleu ás 20:30 horas do 7 de Novembro de 2015 unha nova actuación de Avelaíña Teatro, que puxo en escena a obra  “…é dín que chove”.

Auditorio Vilalba_2

Vista exterior do auditorio municipal

Auditorio

Interior do auditorio

Con un tempo máis propio do verán ca do outono, o numeroso público asistente á función tratounos con un gran cariño, trasmitíndonos a súa satisfacción pola obra, que según nos comentaban ó remate da función, disfrutaron do espectáculo, chegando incluso algúns a poñer en dúbida se tódolos actores eran afeccionados. Ben e verdade que entre o público figuraban vellos coñecidos “futboleros” dos tempos en que viñamos a xogar un partido de futbol polo entroido coa disculpa de comer un cocido, pero sobre todo o tirón de Xulio Leal, moi coñecido e querido nesta terra.

Tamén contribueu á gran asistencia de público, a publicidade e o traballo feito polo Concellal de Cultura, que en todo momento estivo pendente de que non tiveramos ningún problema, e con quen compartimos uns pinchos despois da represetación, invitados polo concello. Desde eiquí, queremos transmitirlle a nosa gratitude.

Algunhas instanteneas que recollen diversos momentos dos ensaios.

Escena_3

Escena_1

Escena_4

Escena_2

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.