Cangas del Narcea

Case tres anos despois daquel 13 de Outubro do ano 2012, en que Avelaíña Teatro repreentara na Biblioteca pública “Ramón Pérez de Ayala” de Oviedo a obra “María Castaña”, o grupo voltou de novo a “reconquistar” terras asturianas, e de novo tamén, da man da Asociación Sendas de Asturias, que foi a organizadora e patrocinadora desta posta en escena.

Cartaz Cangas del Narcea

Esta vez o lugar elixido foi o Teatro Toreno en Cangas del Narcea, un escenario moi acolledor que xunto co cariño amosado polo público, a pesares de que a obra fose en galego e se puideran perder algún detalles, fixo que o grupo garde un recordo moi entrañable desta actuación.

Teatro Toreno - exterior

Teatro Toreno - interior

.

A excursión a Cangas del Narcea, non só quedou reducida á representación teatral.

Aproveitando que se celebraba “La fiesta del vino” puidemos ver o ambiente que se vivía na localidade, ateigada de público e que facía case imposible moverse con soltura para un grupo tan numeroso.

Tampouco se descoidoidou o aspecto gastronómico, como acostuma suceder sempre que están de por medio os amigos de “Sendas de Asturias”.

Xulio Xulia

Emilio

Screenshot_2015-10-14-15-43-54

Screenshot_2015-10-14-15-40-14

Casa Perico_1

Screenshot_2015-10-14-15-44-22

Outra actividade que tampouco podía faltar, foi o contacto coa natureza. Nesta ocasión consisteu nun paseo pola zona de Muniellos, con dúas opcións: Os “profesionais”  que elixiron o camiño que vai polo bosque, e os “afeccionados” que disfrutaron da marcha por unha pista mais “llevadera” a carón do río Muniellos, desde a poboación de Moal ata Tablizas,

Preparando a marcha

Muniellos_1

Muniellos_2

.Muniellos_4Muniellos_3

.

.

.

.

.

.

.

Les manzanes

Les vaques

Rio Muniellos

E para completar a viaxe a Cangas del Narcea, solo faltaba o toque cultural. Un paseo pola parte antigua da vila e unha visita o Mosteiro de Corias, o Escorial Asturiano, cumpriron con ese cometido.

Trambasaguas

Mosteiro de Corias_2

Todas estas actividades non serían posibles, ou polo menos con tanta intensidade, sen os amigos de “Sendas de Asturias”, a quen queremos expresarlles o noso mais sincero agradecemento, polas atencións e o cariño con que nos trataron o longo desta fin de semana e ós que levaremos no noso recordo.

Secuencia de fotos sobre a representación de “María Castaña” en Cangas del Narcea.

01

02

03

04

05

06

07

08

09

10

11

12

13

14

15

16

17

18

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

..

.

.

.

.

..

.

.

.

.

.