Oleiros

____________________________________

Obra:  “María Castaña”

Data: domingo 4 de outubro do 2015

Lugar: (Auditorio Gabriel García Márquez) OLEIROS

Hora: 20:30h.

____________________________________

Tal como se anunciaba na Axenda da páxina Web de Avelaíña Teatro, o 4 de outubro do 2015, tivo lugar a representación de “María Castaña” no “Auditorio Gabriel García Márquez” de Oleiros.

O día amañeceu con cara de poucos amigos, ameazando treboada, coma se quixera darlle a razón a Martiño cando ó inicio da obra dí “que tempo temos!!”. A medida que a expedición se acercaba a Oleiros o tempo foi mellorando, ata convertirse nun día apacible, como se comproba na seguinte instantánea:

IMG-20151004-WA0003

Avelaíñenses “disfrutando” do sol

O lugar da representación, un antigo cuartel da garda civil e rehabilitado polo concello, resultou un esceanario moi cálido e agradable para a posta en escena “María Castaña”.

Vista esterior do auditorio

Vista exterior do Auditorio Gabriel García Márquez

IMG-20151016-WA0004

Placa commemorativa

IMG-20151016-WA0001

Recordo da súa orixe

Queremos agradecer ós responsables da Concellería de Cultura o cariño e a atención que nos dispensaron,  dandonos todo tipo de facilidades e estando en todo momento pendentes de que non houbera ningún problema.

Tamén queremos resaltar, alomenos como detalle anecdótico, o debut de Miguel Martín, o técnico de imaxe e són, no seu papel de “mestre de obras”.

Novo mestre de obras

Miguel, “mestre de obras”

.

.

.

.

.

.

.

.