Vilagarcía de Arousa

Despois da representación de “María Castaña” na Illa de Arousa, Avelaíña Teatro continuou a súa andaina pola Ría de Arousa. E foi na vila de Vilagarcía onde tivo lugar unha nova representación de “María Castaña”. O escenario para tal ocasión, o renovado “Salón García”, un edificio inaugurado no ano 1884, pero moi ben restaurado e moi acolledor.

Fachada Salón García

Fachada do “Salón García”

Salón García

Aspecto interior teatro “Salón García”

Detalle Salón García

Detalle dun lateral do “Salón García”

A actuación resultou unha das que mais satisfeito quedou o grupo, en parte debido ó entorno tan agradable comentado anteriormente e tamén á importante asistencia de público, máis se temos en conta, que se cobraba entrada e que a hora da representación coincideu con algúns eventos deportivos que sempre restan afluencia.

Cartel Vilagarcía

Cartaz anunciador da representación

Preparando o escenario

Preparando o escenario para a actuación

María Castaña e Martiño

María Castaña e Martiño quentándose na lareira

 

 

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.