RAXÓ 2015

PoioEscena2015

O sábado 28 de febreiro do 2015, Avelaíña Teatro representou no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, dentro do ciclo “PoioESCENA 2015”, a súa nova obra “… e dín que chove”.

Este Centro Cultural Xaime Illa, tén un simbolismo especial para o grupo, pois foi precisamente neste mesmo escenario onde Avelaíña Teatro fixo a súa primeira representación teatral, coa posta en escena da obra “María Castaña” aló polo mes de Xuño do ano 2012.

Foto poioescena e dín que chove

Entre o público asistente atopábase Vanesa Sotelo, a autora de Eurívoros, un dos “sketch” que forman parte de “… e dín que chove”… mágoa que por un problema dun dos actores que interveñen nesa escena non puidese representarse.

Como elemento anecdótico, salientar que nesta ocasión Avelaíña Teatro estrenou o novo sistema de iluminación que tanto estaba a botar de menos Miguel  (o técnico de imaxe e son) e que esperamos contribúa a mellorar, a lo menos técnicamente, as novas representacións.

Detalle do novo equipo de iluminación

Detalle do novo equipo de iluminación

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

..

 

.

.

.