A LAMA 2015

Avelaíña Teatro comezou o ano 2015 representando a súa nova obra “…e dín que chove…”, no Centro Penitenciario de A LAMA. En realidade esta representación pode considerarse coma a estrea da nova obra despois da “pre-estrea” de Cangas.

Esta actuación tivo lugar o día 20 de Xaneiro e supuxo a volta a un escenario xa coñecido, pois neste mesmo centro xa foi representada “María Castaña”.  Igual que acontecera naquela ocasión, a experiencia foi moi positiva, non só polas facilidades ofrecidas polos organizadores senón  tamen pola resposta do público, moi xeneroso cos seus aplausos e incluso con comentarios que mostraban os desexos de participar no espectáculo, como manifestaron algúns deles ó rematar a actuación.

 

Momentos preliminares

Remate actuación

Avelaíña Teatro quere mostrar o agradecemento a un detalle entrañable, como foi a entrega dun cadro coa cara de María Castaña feito por un interno en recordo da nosa actuación anterior.

Cadro de María Castaña feito por un interno

Cadro de María Castaña feito por un interno

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.