Cerdedo

______________________________________

Obra:  “María Castaña”

Data: Sábado 13 de setembro de 2014 (Se non chove)

Lugar: “Aldea Vella de Vichocuntín” 

Hora: 5:30 da tarde

_________________________________________________________

 

Cartaz Vichocuntín

Sí, así figuraba na axenda de Avelaíña Teatro e no cartaz que anunciaba a representación que ía facerse en plena natureza, ó aire libre, entre as árbores e as casas en ruínas da “Aldea Vella de Vichocuntín”…  pero non, non puido ser…. diversos atrancos provocados pola intransixencia de supostos herdeiros e das “autoridades competentes” fixeron que a posta en escena de “María Castaña” non tivera lugar nese marco incomparable.

Aldea Vella Vichocuntín_2

Aldea Vella de Vichocuntín_4

Aldea Vella Vichocuntín_3

Aldea Vella de Vichocuntín_5

Pero a vontade e o tesón dos organizadores: CAPITÁN GOSENDE, así como o empeño posto polos patrocinadores: “O Meu Lar” de Cerdedo e “Casa Florinda” de Pedre, e a boa disposición de “AvelaíñaTeatro” conseguiron que a representación se levara a cabo, aínda que para eso  tivera que cambiarse o escenario previsto.

O Meu Lar

A representación tivo lugar no BAR RESTAURANTE “O Meu Lar” de Cerdedo, que se convirteu deste xeito nun teatro improvisado, na que ata o comedor fixo as veces de camerino, como se pode ver nas seguintes imaxes.

Cerdedo_2

Cerdedo_3

Cerdedo_4

Cerdedo_5

Despois da representación teatral organizouse unha festa-cea na que participaron mais de sesenta persoas e que estivo amenizada por diversos grupos musicais.

Cerdedo_6

Cerdedo_7

Cerdedo_8

 

Premendo na seguinte ligazón: “O Embigo do Becho”  podemos ver unha ampla exposición de fotos da representación prohibida de María Castaña na Aldea Vella de Vichocuntín.

 

.

.

.

.

.

.

.

.

.

 

.