Ribadeo

Como xa acontecera noutra ocasión (Foz e Mondoñedo), esta fin de semana, “Avelaíña Teatro” tivo actuación por partida dobre.

Despois da actuación de Rábade, o grupo “Avelaíña Teatro” desprazouse a Ribadeo para pernoctar, aproveitando que o sábado tiña programada alí unha representación de “María Castaña” no “Teatro de Ribadeo”.

P1020556

Teatro de Ribadeo

A pesares da hora da actuación, as 21:30h (un pouco tarde) e de coincidir con outras actividades do concello, houbo unha notable asistencia de público, e polas conversas mantidas ó rematar a función, pensamos que pasaron unha tarde-noite agradable.

Escenario co material para a obra

Escenario co material para a obra

O feito de estar todo o día en Ribadeo, permiteunos gozar doutras actividades, como foi unha camiñata pola costa desde a Praia das Catedrais ata Rinlo, guiados sempre polo gran organizador Juan Meilán.

Praia_Catedrais_1

Praia_catedrais_2

Praia Catedrais_3

Praia Catedrais_5

Outro aspecto a salientar foi o gastronómico, como atestiguan as seguintes fotos, e do que tamén foi “culpable” o anteriormente citado Juan Meilán.

Comilona_3

Comilona_2

Comilona_1

 

E xa para completar a fin de semana ata tivemos un cumpreanos.

Cumpleanos

Miguel apagando as velas

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.