Rábade

Centro Sociocultural

 

O venres 30 de maio, “Avelaíña Teatro” desprazouse ata o “CENTRO SOCIOCULTURAL” de Rábade para unha nova representación de  María Castaña.

A escasa presencia de público auguraba pouco interese pola actuación. Sen embargo, como ocorre tantas veces, resultou todo o contrario, pois foi un público do mais participativo, especialmente unha expectadora, que non deixou en ningún momento de animar a María Castaña para que se rebelase contra o Bispo, (con expresións como dálle, dalle …) nin de recriminar a Don Pedro López de Aguiar polas súas “correrías”, con improperios que non imos mencionar.

Foi esta “interactividade” do público o que contribueu a que fose posiblemente a representación mais divertida de tódalas feitas ata o de agora.

 .

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.