Rábade

Centro Sociocultural

 

O venres 30 de maio, “Avelaíña Teatro” desprazouse ata o “CENTRO SOCIOCULTURAL” de Rábade para unha nova representación de  María Castaña.

A escasa presencia de público auguraba pouco interese pola actuación. Sen embargo, como ocorre tantas veces, resultou todo o contrario, pois foi un público do mais participativo, especialmente unha expectadora, que non deixou en ningún momento de animar a María Castaña para que se rebelase contra o Bispo, (con expresións como dálle, dalle …) nin de recriminar a Don Pedro López de Aguiar polas súas “correrías”, con improperios que non imos mencionar.

Foi esta “interactividade” do público o que contribueu a que fose posiblemente a representación mais divertida de tódalas feitas ata o de agora.

 .

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

 

EOI Pontevedra

O mércores 21 de maio, a Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra acolleu ó grupo Avelaíña Teatro para facer unha nova representación de María Castaña. Por tratarse dun centro educativo, a representación tivo lugar un mércores en vez de na fin de semana como ven sendo habitual.

EOI Pontevedra

Salón de actos da EOI Pontevedra

A experiencia resultou positiva, pois se ben o salón de actos ó carecer de escenario non era o lugar máis axeitado para unha representación teatral, as facilidades dadas polos responsables do centro e a boa vontade de todos superou esos pequenos inconvintes.

Galería de fotos dos momentos anteriores á actuación:

EOI_9

EOI_4

EOI_5

EOI_8

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

COIA (VIGO)

O CENTRO CULTURAL  ARTÍSTICO “RUEIRO” dentro das súas actividades das Letras Galegas 2014, convidou a “Avelaíña Teatro” para  facer unha representación de María Castaña.

A actuación tivo lugar o domingo 11 de maio de 2014  ás 8 da tarde no Salón de actos do complexo parroquial  “Cristo da Victoria” en COIA (VIGO)

Centro parroquial Cristo da Victoria

Centro parroquial Cristo da Victoria

A pesares da coincidencia na data cun “evento” de gran transcendencia en Vigo, como foi o partido de fútbol Celta-Real Madrid, a asistencia de público foi numerosa, e polas mostras de agrado e os comentarios posteriores a representación, non se arrepentiron de preferir o teatro ó fútbol.

Algunhas instantáneas da actuación e momentos preliminares:

María Castaña e Bispo

 

Remate da actuación

Remate da actuación

 

O Coro ensaiando

O coro de Avelaíña Teatro

 

O técnico de imaxe e son

O técnico de imaxe e son

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

.

.

.

.

.

.

.

 

 

 

 

 

 

 

O Grove

A terceira vai a vencida…  despois de dous aprazamentos,  o sábado 3 de maio tivo lugar na “Casa da Cultura” de O  Grove unha nova representación de María Castaña.

Casa da Cultura (O Grove)

Casa da Cultura (O Grove)

Aínda que a asistencia de público foi menos numerosa do habitual, quezais por coincidir a representación con outras actividades que se celebraban na vila a mesma hora, non  influeu para que nos sentiramos moi a gusto tanto polo cariño do público coma polo trato recibido.

Grupo Avelaíña Teatro

Grupo Avelaíña Teatro no Grove

Galería de Fotos:

Momentos previos á posta en escena:

Concentrados_O técnico

Concentrados_Xavier

Concentrados_Amparo

Concentrados_Suso

Cargando “as pilas” para estar a tope:

Repoñendo_1

Repoñendo_2

Repoñendo_3

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.