A xustiza pola man

A xustiza pola man (Rosalía Castro)

1ª VOZ:

Aqués que tén fama de honrados na vila,
roubáronme tanta brancura que eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.

Nin pedra deixaron, en dond’eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos… ¡meus anxos!… que tanto eu quería,
¡morreron, morreron, ca fame que tiñan!

2ª VOZ:

Aqués que tén fama de honrados na vila

Nin pedra deixaron. Sen lar sen abrigo morei.
O raso coas lebres durmín
Meus fillos, meus anxo que tanto quería,
morreron morreron coa fame que tiñan.

I estonces, estonces cumpreuse a xustiza.
Eu neles e as leises na man que os ferira.

.

.

.

.

.

.

.