A fouce esquecida

A fouce esquecida

Repousa abafante    no ceo e na terra.
Silencio de morte    na chouza labrega

Currales baleiros
pallozas desfeitas
o piorno sen millo
coas portas abertas.
Nin gando na corte
nin fume nas tellas
nin carro ni alpendre
nin xente na eira.

Das xentes do embargo    librad´a rapiña.
No chan unha fouce    quedou esquecida.

Mais triste que a noite
a alma na néboa,
pechados os beizos
ferido de pena.
Ardendo coa febre,
ó pé da cancela,
o pobre labrego,
doente tolea.

Oh, fouce bendita  xa sei o que queres,
xa sei o que queres,  que faga xustiza.

Muiñeira

(Pandeiro)