Vilalba

Cun tempo frío, por outra parte moi normal nestas terras, Avelaíña Teatro achegouse a Vilalba para representar a súa obra “María Castaña”. Vilalba era un deses lugares nos que “Avelaíña Teatro” tiña un especial interese en facer unha representación,  pois non debemos esquecer que o papel do Señor Bispo está interpretado por Xulio Leal,  natural desta terra da que tanto se enorgullece.

Auditorio Vilalba.Exterior auditorio

.

.

.

.

Queremos agradecer ós Vilalbeses a boa acollida que tivemos, xa que disfrutamos coa estancia, e como non coa representación nun entorno tan espectacular como foi o Auditorio “Carmen Estévez” e a súa vez tan cálido polo agarimo co que nos tratou o público.

Detalle auditorio

Detalle da entrada ó Auditorio “Carmen Estévez”

Polos comentarios que nos manifestou o público despois da actuación, queremos salientar a grata impresión que unha vez máis  causou o coro. Aínda que faltaban algunhas compoñentes, o esforzo, o tesón  e a entrega que puxeron as demais,  conseguiron a admiración do público.  Para elas vai dedicado este pequeno vídeo dun ensaio no que se vé que non todo e tan doado como parece, e que as veces hai que insistir unha, dúas, tres … veces ata coller o tono.

   

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.