Lugo

Lugo non podía ser menos… despois de Pontevedra que xa leva tres representacións de “María Castaña”, Lugo e a primeira cidade que repite actuación. Desta vez a posta en escena foi no “Centro Cultural Fingoi”.

Fingoi_2

Centro cultural de Fingoi

Resultou ser un lugar moi acolledor e no que nos sentimos moi a gusto, tanto polo trato recibido coma pola resposta do público. A cercanía deste  ó escenario fixo que se sentira máis a súa calor, sendo posiblemente unha das mellores representacións de “María Castaña” feitas ata o de agora.

Algunhas fotos que mostran diversos momentos do grupo fora do escenario.

cargando bártulo

.escenario

.

.

.

comendo e bebendo_2comendo e bebendo_1.

.

.

.

.

Detalles do Centro Cultural Fingoi

.flautistamosaicomachadas

.

.

.

.

.

.

.

.

Vilalba

Cun tempo frío, por outra parte moi normal nestas terras, Avelaíña Teatro achegouse a Vilalba para representar a súa obra “María Castaña”. Vilalba era un deses lugares nos que “Avelaíña Teatro” tiña un especial interese en facer unha representación,  pois non debemos esquecer que o papel do Señor Bispo está interpretado por Xulio Leal,  natural desta terra da que tanto se enorgullece.

Auditorio Vilalba.Exterior auditorio

.

.

.

.

Queremos agradecer ós Vilalbeses a boa acollida que tivemos, xa que disfrutamos coa estancia, e como non coa representación nun entorno tan espectacular como foi o Auditorio “Carmen Estévez” e a súa vez tan cálido polo agarimo co que nos tratou o público.

Detalle auditorio

Detalle da entrada ó Auditorio “Carmen Estévez”

Polos comentarios que nos manifestou o público despois da actuación, queremos salientar a grata impresión que unha vez máis  causou o coro. Aínda que faltaban algunhas compoñentes, o esforzo, o tesón  e a entrega que puxeron as demais,  conseguiron a admiración do público.  Para elas vai dedicado este pequeno vídeo dun ensaio no que se vé que non todo e tan doado como parece, e que as veces hai que insistir unha, dúas, tres … veces ata coller o tono.

   

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

“In memoriam” Manolo Guede

Manolo Guede

No paraninfo do IES Valle Inclán de Pontevedra,  celebrouse un emotivo homenaxe “in memoriam” de Manolo Guede.

Foi un acto entrañable, tanto  polo cariño e tenrura que mostraron as presentadoras Pilar Rodríguez e Patricia Puime, compañeiras de Manolo en Avelaíña Teatro, como polas persoas que tomaron a palabra para rememorar diversos momentos da vida de Manuel Guede.

Patri e Pilar presentando o acto in "memoriam" Manolo Guede

Relación de persoas que tomaron a palabra na homenaxe:

Xulio Leal, lendo un texto dos curmáns de Manuel.
Antón Fernández, compañeiro de estudos.
Manuel Rosales, compañeiro no IES Aquis Celenis de Caldas de Reis.
Leticia Folgar, ex-alumna.
Ornela Fernández, tenente-alcalde de Vilaboa.
María Álvarez, Aula Castelao.
Manuel Ayán, Avelaíña Teatro.
Pilar Freitas, directora do IES Valle Inclán.

Paraninfo Valle Inclán

O acto rematou cunha exposición de diapositivas e vídeos que reflexaron dunha maneira gráfica as diversas facetas da súa vida.

Dende aqui queremos expresar o noso sentir por non poder volver a estar con Manuel, pero non decíndolle adeus, senón despedíndonos dél coma na foto coa que se pechou o acto: “Ata sempre, Manuel”

ata sempre

A homenaxe a Manolo Guede tivo unha amplia repercusión na prensa, sobretodo na local como pode comprobarse premendo na liagazón:  Diario de Pontevedra

 Premendo na seguinte ligazón acédese á reportaxe que adicou a este acto o IES Valle Inclán

A continuación un pequeno recordo dalgunha das súas actuacións na obra “María Castaña”:

Facendo de Martiño (home de María Castaña)

Avelaiña Teatro Monforte Febreiro 2013  (22)

.

Na casa con María Castaña

.

con María Castaña_2

.

Diante do Sr Bispo

.

No papel de Mestre de obras

O mestre de obras

.

O mestre de obras_3

.

Co grupo “Avelaíña Teatro”

Cos compañeiros de Avelaíña

No verán do 2013 acariñando o nariz, o nariz de Bartolo, papel que ía interpretar na obra “… e dín que chove” ,  e que a morte xa non deixou nacer.

O nariz

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.