VALLADARES

O sábado 26 de Outubro de 2013, “Avelaíña Teatro”, convidada polo veterano grupo de teatro “ESCOITADE” do Centro Veciñal e Cultural de Valladares (Vigo), voltou ós escenarios cunha nova representación de “María Castaña” 

A posta en escena tivo lugar no Auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares (Vigo), e dentro do ciclo de teatro organizado pola FEGATEA.

O espectáculo  foi seguido con gran interese por un público moi agradecido e xeneroso, tanto nos aplausos  como na crítica.

A continuación algunhas fotos de Alberto Costas que recollen diversos momentos da representación.

O mestre de obras presenta os planos da nova catedral

María Castaña, 26-10-2013

María Castaña, 26-12-2013

Como resposta a esta invitación, “Avelaíña Teatro” tamén convidou ó grupo “ESCOITADE”  a actuar en PONTEVEDRA. A data será o 14 de decembro no TEATRO PRINCIPAL. 

Para ver mais detalles da montaxe do grupo de Teatro “ESCOITADE” premer en:  “Teatro ESCOITADE”

 .

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

Ribadumia

Despois dun descanso debido ás vacacións do verán, Avelaíña Teatro volveu a retomar a representación de María Castaña.

A nova tempada iniciouse no Auditorio Municipal Santa Baia de Ribadumia, por certo un magnífico escenario e con un público que non lle desmereceu en nada, a xuzgar polas mostras de cariño amosadas.

Esta nova representación contou  cunha novidade no reparto, sendo o “debut” de Rita que interpretou o papel de Matías e que solventou con éxito a súa primeira incursión no mundo do teatro.

Ensaiando o final da obra

Ensaiando o final da obra

 

Coro ensaiando

Coro ensaiando

.

Pequeno vídeo do remate do ensaio: Final do ensaio en Ribadumia

.

.

.

.

.

.