Pontecesures

A actuación en  Pontecesures supuxo a posta en escena número 18 de “María Castaña”, desde que se empezara a representar en Raxó aló polo 8 de xuño de 2012.

Este número de actuacións, algunhas en grandes escenarios como “Juan del Enzina” en Salamanca,  outras en escenarios mais modestos, unhas con gran cantidade de público, outras con menos asistencia, fai que tanto a figura de “María Castaña” coma o grupo Avelaíña Teatro sexan cada vez mais coñecidos, aparecendo referencias non só na prensa senón tamén en revistas especializadas como Artezblai (para ver a crítica en Artezblai, premer en: Crítica Artezblai)

Por outra parte, este número significativo de actuacións, ten un punto en común: o cariño co que nos tratou sempre o público, que en moitas ocasións permaneceu ó rematar a obra para falar, saudar  ou simplemente para coñecer tanto ós actores como ós membros do coro.

A continuación figuran algunhas fotos dos momentos anteriores á representación:

This slideshow requires JavaScript.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

Advertisements