Cangas

Esta vez tocou na comarca do Morrazo. E máis concretamente no Auditorio Municipal de Cangas, dentro do 4º Ciclo de Teatro Afeccionado CITEAMOR, ao que Avelaíña Teatro acudíu gustosa para amosar e seguir a espallar  a súa “María Castaña” por toda a xeografía galega.

Director e Autor

Nesta vila de longa e fonda tradición teatral, Avelaíña Teatro tiña quizais un especial interese e motivación para estar a tono con esa historia e para non defraudar na, por outra banda, morada do seu Director, Antón Lamapereira.
A xuzgar pola reacción do público durante a representación, cremos que os desexos e as espectativas tiveron un satisfactorio cumprimento .

Un momento da actuación .(Fotografía G. N.)

Un momento da actuación (Foto: G. N.)

A continuación figuran algunhas ligazóns a artigos de prensa relacionados coa obra:

Crítica de Manuel Sesma na revista Artezblai

Entrevista a Antón Lamapereira e Manuel Ayán

María Castaña en Cangas

Teatro Afeccionado en Cangas

.

.

.

.

.

.

.

.

..