Pontevedra 8 de maio

Por terceira vez Avelaíña Teatro voltou ó Teatro Principal de Pontevedra para representar a  obra “María Castaña”.

Esta nova posta en escena tiña a particularidade de estar dirixida a un público determinado: os alumnos dos institutos de Pontevedra. O motivo desa determinación é que  formaba parte das actividades da  XVII SEMANA TEATRAL “BEN VEÑAS MAIO” , organizadas polo Concello de Pontevedra e pola Coordinadora de equipos de normalización lingüística dos I.E.S. de Pontevedra.

Como detalle anecdótico, suliñar a asistenca das cámaras da TV para facer unha pequena reportaxe.

Ben veñas maio

Cartel de “VEN VEÑAS MAIO”

Advertisements