Pontecesures

A actuación en  Pontecesures supuxo a posta en escena número 18 de “María Castaña”, desde que se empezara a representar en Raxó aló polo 8 de xuño de 2012.

Este número de actuacións, algunhas en grandes escenarios como “Juan del Enzina” en Salamanca,  outras en escenarios mais modestos, unhas con gran cantidade de público, outras con menos asistencia, fai que tanto a figura de “María Castaña” coma o grupo Avelaíña Teatro sexan cada vez mais coñecidos, aparecendo referencias non só na prensa senón tamén en revistas especializadas como Artezblai (para ver a crítica en Artezblai, premer en: Crítica Artezblai)

Por outra parte, este número significativo de actuacións, ten un punto en común: o cariño co que nos tratou sempre o público, que en moitas ocasións permaneceu ó rematar a obra para falar, saudar  ou simplemente para coñecer tanto ós actores como ós membros do coro.

A continuación figuran algunhas fotos dos momentos anteriores á representación:

O pase de diapositivas require JavaScript.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

Cangas

Esta vez tocou na comarca do Morrazo. E máis concretamente no Auditorio Municipal de Cangas, dentro do 4º Ciclo de Teatro Afeccionado CITEAMOR, ao que Avelaíña Teatro acudíu gustosa para amosar e seguir a espallar  a súa “María Castaña” por toda a xeografía galega.

Director e Autor

Nesta vila de longa e fonda tradición teatral, Avelaíña Teatro tiña quizais un especial interese e motivación para estar a tono con esa historia e para non defraudar na, por outra banda, morada do seu Director, Antón Lamapereira.
A xuzgar pola reacción do público durante a representación, cremos que os desexos e as espectativas tiveron un satisfactorio cumprimento .

Un momento da actuación .(Fotografía G. N.)

Un momento da actuación (Foto: G. N.)

A continuación figuran algunhas ligazóns a artigos de prensa relacionados coa obra:

Crítica de Manuel Sesma na revista Artezblai

Entrevista a Antón Lamapereira e Manuel Ayán

María Castaña en Cangas

Teatro Afeccionado en Cangas

.

.

.

.

.

.

.

.

..

Letras Galegas en Salamanca

Plaza Maior Salamanca

Avelaíña Teatro participou nas solemnidades que arredor do dezasete de maio vén celebrando o Centro Galego de Salamanca. Dous factores propiciaron que a asociación Avelaíña Teatro fose convidada ao evento: Que a cultura galega, este ano de Roberto Vidal Bolaño, xire arredor do teatro; e que algúns dos membros de Avelaíña Teatro tiveran sido socios do Centro Galego de Salamanca no seu tempo de estudantes naquela cidade.

Antón Lamapereira presentou a Revista Galega de Teatro, que el mesmo dirixe. Despois Manuel Ayán deu unha charla sobre o teatro de Roberto Vidal Bolaño e Avelaíña Teatro fixo unha lectura dramatizada de tres obras extractadas de RVB: Memoria de mortos e ausentes, Saxo Tenor e Rastros.

Salamanca

O emblemático edificio Juan del Enzina de Salamanca, situado entre as catedrais e as facultades, abriu o seu espléndido auditorio para ofrecer o espectáculo María Castaña, como agasallo cultural, á cidade na festividade das Letras Galegas.

Teatro Juan del Enzina

Teatro Juan del Enzina

Avelaíña Teatro fixo de embaixadora da lingua e da cultura galega en Salamanca, como ten feito xa noutras cidades de fóra de Galiza. E foi recibida con simpatía, seguida con interese e despedida con parabéns e convites de volver. 

Auditorio Juan  del Enzina

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

Pontevedra 8 de maio

Por terceira vez Avelaíña Teatro voltou ó Teatro Principal de Pontevedra para representar a  obra “María Castaña”.

Esta nova posta en escena tiña a particularidade de estar dirixida a un público determinado: os alumnos dos institutos de Pontevedra. O motivo desa determinación é que  formaba parte das actividades da  XVII SEMANA TEATRAL “BEN VEÑAS MAIO” , organizadas polo Concello de Pontevedra e pola Coordinadora de equipos de normalización lingüística dos I.E.S. de Pontevedra.

Como detalle anecdótico, suliñar a asistenca das cámaras da TV para facer unha pequena reportaxe.

Ben veñas maio

Cartel de “VEN VEÑAS MAIO”

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.