Vedra

O 17 de marzo, Avelaíña Teatro representou a obra “María Castaña” no Centro Social da Terceira Idade de Vedra, dentro da “X Mostra de Teatro Amador de Vedra”.

Teatrofilia 2013

(Para  ver a programación de Teatrofilia, premer en Teatrofilia 2013)

Esta foi a primeira vez que Avelaíña Teatro participaba nun certame de Teatro, o que supoñía un novo reto para o grupo.

A experiencia non puido ser máis satifactoria, ata o punto de que sucedeu un feito que ata o de agora non nos ocurrira nunca: ó rematar a representación, o público pedíu que o coro, según eles “as cantareiras”,  saise de novo ó escenario, tendo que interpretar unha nova cantiga a modo de despedida.

A organización, fóra de serie. Desde esta páxina queremos expresar a nosa gratitude a Antonio, cabeza visible da organización, pola súa laboura en prol do teatro. Froito dese traballo é  a gran afluencia de público que asistíu a ver a obra, dentro dunha poboación tan pequena como é o Concello de Vedra.

.

.

.

.

.

.

.

.