Ourense

O popularmente coñecido como Edificio de ferro foi o lugar elixido por “Avelaíña Teatro” para facer unha nova representación de “María Castaña”.

Edificio de Ferro en Ourense

Esta actuación formou parte  das actividades programadas pola Vicerreitoría do Campus de Ourense (Universidade de Vigo) con motivo do día internacional da muller.

O máis salientable foi a afluencia de público que encheu a Sala Emilia Pardo Bazán do edificio de Facultades. Esta masiva afluencia supoñemos  que en gran medida foi obra do “saber facer” de  Julia Carballo, unha mestra na arte de organizar eventos. A éla queremos trasmitirlle  o noso agradecemento, así coma  ó técnico Filemón, un auténtico prodixio de eficacia, que nos facilitou dunha maneira especial a montaxe da obra.