Pontevedra

O día 8 de marzo de 2013 dentro dos actos  programados pola Concellería de Cultura con motivo do Día da Muller, Avelaíña Teatro voltou ó Teatro Principal de Pontevedra para representar por segunda vez a obra “María Castaña”.

Esta representación tiña un carácter moi especial por varios motivos: Por unha banda, Pontevedra é o lugar de residencia da maioría dos membros de Avelaíña; pola outra tamén é Pontevedra o escenario onde se representa “María Castaña” por segunda vez, e de aí as ganas de superarse.

Por ese motivo había unha maior esixencia e non se podía errar. Esa presión engadida, deu os seus froitos, pois a xulgar pola cantidade de público que asistíu  a representación (máis de 300 persoas), polas reaccións durante a posta en escena, pola duración dos aplausos e polos comentarios ó rematar a actuación,  déixanos un moi bo sabor de boca da volta a Pontevedra.

O señor Bispo

A seguinte ligazón corresponde ó artigo que publicou a  Voz de Galicia: En tiempos de María Castaña

.

.

Advertisements