A Coruña

Despois  das “correrías” pola provincia de Lugo (A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Foz,  Mondoñedo e a mesma cidade de LugoAvelaíña Teatro mudou o escenario da representación de “María Castaña”.

Esta vez foi na Aula Magna da Facultade de Economía e Empresa da Coruña, diante dun público que dende o primeiro momento conectou coa obra, quedando moitos deles ó rematar a representación para coñecer e felicitar ós actores e ás actrices, chegando unha persoa a dicir que: “… foi a mellor obra de teatro que vin na miña vida…” , o que  nos colma de satisfacción, aínda que nos parece un pouco esaxerado.

Tamén, e como vén sendo xa habitual,  recibíu grandes loubanzas o coro, chegando algúnhas persoas do público a preguntarnos que había que facer para conseguir as cancións, animándonos a facer un disco con elas.

.

.