Vedra

O 17 de marzo, Avelaíña Teatro representou a obra “María Castaña” no Centro Social da Terceira Idade de Vedra, dentro da “X Mostra de Teatro Amador de Vedra”.

Teatrofilia 2013

(Para  ver a programación de Teatrofilia, premer en Teatrofilia 2013)

Esta foi a primeira vez que Avelaíña Teatro participaba nun certame de Teatro, o que supoñía un novo reto para o grupo.

A experiencia non puido ser máis satifactoria, ata o punto de que sucedeu un feito que ata o de agora non nos ocurrira nunca: ó rematar a representación, o público pedíu que o coro, según eles “as cantareiras”,  saise de novo ó escenario, tendo que interpretar unha nova cantiga a modo de despedida.

A organización, fóra de serie. Desde esta páxina queremos expresar a nosa gratitude a Antonio, cabeza visible da organización, pola súa laboura en prol do teatro. Froito dese traballo é  a gran afluencia de público que asistíu a ver a obra, dentro dunha poboación tan pequena como é o Concello de Vedra.

.

.

.

.

.

.

.

.

Ourense

O popularmente coñecido como Edificio de ferro foi o lugar elixido por “Avelaíña Teatro” para facer unha nova representación de “María Castaña”.

Edificio de Ferro en Ourense

Esta actuación formou parte  das actividades programadas pola Vicerreitoría do Campus de Ourense (Universidade de Vigo) con motivo do día internacional da muller.

O máis salientable foi a afluencia de público que encheu a Sala Emilia Pardo Bazán do edificio de Facultades. Esta masiva afluencia supoñemos  que en gran medida foi obra do “saber facer” de  Julia Carballo, unha mestra na arte de organizar eventos. A éla queremos trasmitirlle  o noso agradecemento, así coma  ó técnico Filemón, un auténtico prodixio de eficacia, que nos facilitou dunha maneira especial a montaxe da obra.

Representacións

Localidades nas que “Avelaíña Teatro” representou as súas obras “María Castaña” , “… e din que chove”,  “A LOLA” e “A ópera de a patacón”

(Para obter mais información, facer “clic” sobre o nome da localidade)

.

Ano 2012

05/06: Raxó  (“María Castaña”)

15/06:  Pontevedra  (“María Castaña”)

07/10:  Pontevedra  (“María Castaña”)

13/10:  Oviedo  (“María Castaña”)

15/12:  A Pobra do Brollón  (“María Castaña”)

.

Ano 2013

19/01:  Lugo  (“María Castaña”)

02/02:  Monforte de Lemos  (“María Castaña”)

22/02:  Foz  (“María Castaña”)

23/02:  Mondoñedo  (“María Castaña”)

07/03:  A Coruña  (“María Castaña”)

08/03:  Pontevedra  (María Castaña”)

14/03:  Ourense  (“María Castaña”)

17/03:  Vedra  (“María Castaña”)

12/04: Vilaboa  (“María Castaña”)

08/05: Pontevedra  (“María Castaña”)

18/05: Salamanca  (“María Castaña”)

23/05: Cangas  (“María Castaña”)

31/05: Pontecesures  (“María Castaña”)

13/10: Ribadumia  (“María Castaña”)

26/10: Valladares  (“María Castaña”)

29/11: Vilalba  (“María Castaña”)

30/11: Lugo  (“María Castaña”)

05/12: A Lama  (“María Castaña”)

.

Ano 2014

03/05: O Grove  (“María Castaña”)

11/05: Coia (VIGO)  (“María Castaña”)

21/05: EOI Pontevedra  (“María Castaña”)

30/05: Rábade  (“María Castaña”)

31/05: Ribadeo  (“María Castaña”)

07/06: Bueu  (“María Castaña”)

24/06: Cangas (“… e din que chove!”)

13/09: Cerdedo (“María Castaña”)

.

Ano 2015

20/01: A Lama (“… e din que chove!”)

28/02: Raxó (“… e din que chove!”)

07/03: Mourente (“… e din que chove!”)

14/03: A Illa de Arousa (“María Castaña”)

19/04: Vilagarcía de Arousa (“María Castaña”)

12/05: E.O.I.Pontevedra (“… e din que chove!”)

16/05: BARCELONA (“María Castaña”)

29/05: Pontecesures (“… e din que chove!”)

16/06: Cangas do Morrazo (“… e din que chove!”)

17/09: Pontevedra (“… e din que chove!”)

20/09: Vigo  (“María Castaña”)

04/10: Oleiros  (“María Castaña”)

10/10: Cangas del Narcea (“María Castaña”)

07/11: Vilalba (“… e din que chove!”)

18/12: A Lama  (“… e din que chove!”) (APRAZADA)

.

Ano 2016

05/03: Mourente  (“María Castaña”)

08/05: Bueu (“… e din que chove!”)

29/05: Bandeira (“… e din que chove!”)

12/06: Matamá (“… e din que chove!”)

16/09: Ponte Caldelas  (“María Castaña”)

23/09: Ponte Caldelas (“… e din que chove!”)

29/09: Centro Penitenciario A Lama  (“María Castaña”)

29/10: Muimenta  (“María Castaña”)

.

Ano 2017

12/03: Ribadumia  (“María Castaña”)

07/04: Guitiríz (“A Lola”)

21/04: Bueu (“A Lola”)

28/04: Lérez (“A Lola”)

13/05: Mourente (“A Lola”)

19/05: Raxó (“A Lola”)

26/05: Vilalba (I.E.S. S. Basanta Silva) (“A Lola”)

26/05: Vilalba (Auditorio) (“A Lola”)

27/05: Lourenzá (“A Lola”)

06/06: Cangas (Mostra de traballo: “A ópera de a patacón)

20/10: Arcos de Valdevez (PORTUGAL) (“A Lola”)

11/10: Cerdedo (“A Lola”)

09/11: Cangas do Morrazo (“A Lola”)

16/11: A Coruña (“A Lola”)

17/11: Vilaboa (“A Lola”)

26/11: San Sadurniño (“A Lola”)

29/11: Pontedeume (“A Lola”)

11/12: Pontevedra (Escola Enxeñería Forestal)  (“A Lola”)

14/12: Marín (“A Lola”)

.

Ano 2018

28/01: Matamá (VIGO)  (“María Castaña”)

03/03: Tui  (“A Lola”)

07/03: Lalín (I.E.S. Laxeiro) (“A Lola”)

07/03: Lalín (Museo Municipal)  (“A Lola”)

10/03: Mourente (“A ópera de a patacón)

14/03: Sarria  (“A Lola”)

17/03: Raxó (“A ópera de a patacón)

19/03: Pontevedra (I.E.S. Sánchez Cantón) (“A Lola”)

20/03: Pontevedra (I.E.S. Xunqueira I)  (“A Lola”)

22/03: Pontevedra (I.E.S. Valle Inclán)  (“A Lola”)

09/04: As Neves (“A Lola”)

13/04: Mondoñedo (“A Lola”)

18/04: Pontevedra (CIFP A Xunqueira) (“A Lola”)

20/04: Pontevedra (CIFP A Xunqueira) (“A Lola”)

21/04: Vilaxoán (“A Lola”)

21/04: A Estrada (IES Antón Losada) (“A Lola”)

21/04: A Estrada (Teatro Principal)  (“A Lola”)

21/05: Santiago (“A Lola”)

28/05: Tomiño (“A Lola”)

21/06: Pontevedra (IES Torrente Ballester) (“A Lola”)

25/06: Santiago (“A ópera de a patacón”)

28/07: Trives (“A Lola”)

15/09: Lugo (“A ópera de a patacón”)

06/10: Escapaes (PORTUGAL) (“A ópera de a patacón”)

21/10:  Ferrol (“A ópera de a patacón”)

28/10: Salcedo (“A Lola”)

10/11: A Pobra do Brollón (“A Lola”)

11/11: Lourenzá  (“María Castaña”)

01/12: Vila do Conde (PORTUGAL) (“A ópera de a patacón”)

.

Ano 2019

24/01: Pontevedra (“A ópera de a patacón”)

18/03: Vigo (“A Lola”)

22/03: Ribeira (“A Lola”)

02/04: Cangas (“A ópera de a patacón”).

16/05: A Illa de Arousa (“A Lola”)

28/06: Pontevedra (Teatro Principal) (“A Lola”)

14/09: Comesaña – VIGO (“A Lola”)

28/10: Carril (“A Lola”)

31/10: Santiago (“A Lola”) Suspendida

30/11: Lourenzá (“A Lola”)

.

Ano 2020

29/02: Lugo (“A Lola”)

01/03: Mourente. (“Cagarse en Bambi” + “9999”)

09/03: Vigo (“A Lola”)

.

..

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

.

 

Pontevedra

O día 8 de marzo de 2013 dentro dos actos  programados pola Concellería de Cultura con motivo do Día da Muller, Avelaíña Teatro voltou ó Teatro Principal de Pontevedra para representar por segunda vez a obra “María Castaña”.

Esta representación tiña un carácter moi especial por varios motivos: Por unha banda, Pontevedra é o lugar de residencia da maioría dos membros de Avelaíña; pola outra tamén é Pontevedra o escenario onde se representa “María Castaña” por segunda vez, e de aí as ganas de superarse.

Por ese motivo había unha maior esixencia e non se podía errar. Esa presión engadida, deu os seus froitos, pois a xulgar pola cantidade de público que asistíu  a representación (máis de 300 persoas), polas reaccións durante a posta en escena, pola duración dos aplausos e polos comentarios ó rematar a actuación,  déixanos un moi bo sabor de boca da volta a Pontevedra.

O señor Bispo

A seguinte ligazón corresponde ó artigo que publicou a  Voz de Galicia: En tiempos de María Castaña

.

.

A Coruña

Despois  das “correrías” pola provincia de Lugo (A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Foz,  Mondoñedo e a mesma cidade de LugoAvelaíña Teatro mudou o escenario da representación de “María Castaña”.

Esta vez foi na Aula Magna da Facultade de Economía e Empresa da Coruña, diante dun público que dende o primeiro momento conectou coa obra, quedando moitos deles ó rematar a representación para coñecer e felicitar ós actores e ás actrices, chegando unha persoa a dicir que: “… foi a mellor obra de teatro que vin na miña vida…” , o que  nos colma de satisfacción, aínda que nos parece un pouco esaxerado.

Tamén, e como vén sendo xa habitual,  recibíu grandes loubanzas o coro, chegando algúnhas persoas do público a preguntarnos que había que facer para conseguir as cancións, animándonos a facer un disco con elas.

.

.